Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47602

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 24 da Resolución do 23 de xullo de 2014, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 23 de xullo de 2014.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2º d) do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade.

c) Liña 3: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é 56.092,11 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia, polo menos o 80 %, o Fondo Social Europeo a través do Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Pontevedra, 27 de outubro de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asignado: 56.092,11 euros

Liña 1: consolidación do movemento asociativo

CIF

Entidade

Importe

G36837433

Asociación de Mulleres Pedra Vella

3.000,00

G36424679

Asociación de Mulleres Rurais A Nosa Señora do Socorro

1.680,00

G15773013

Asociación de Coordinación Galega da Marcha Mundial das Mulleres

1.273,43

G36179117

Asociación de Mulleres Rurais As termas de Cuntis

1.775,00

G36395655

Asociación de Mulleres Rurais Brincadeira

1.775,00

G36222339

Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda

1.700,00

G36462273

Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes

1.775,00

G36470458

Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo

1.700,00

G36362598

Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns

1.550,00

G36212959

Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois

1.480,00

G36525913

Asociación de Mulleres Rurais de Tuiriz

1.730,00

G36522795

Asociación de Mulleres Rurais Tabeirós

1.450,00

G36449890

Asociación de Mulleres Rurais de San Tomé de Obra

1.637,13

G27728658

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

3.000,00

G36459527

Asociación de Mulleres Rurais de Pardemarín

1.442,18

G36015485

Asociación de Amas de Casa e Consumidoras O Noso Lar

1.611,66

G36657336

Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo

2.646,09

G36228054

Asociación de Mulleres Rurais Os Borrizos

1.200,00

G36599603

Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo

1.383,55

G36261030

Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo

1.213,61

G36442291

Asociación de Mulleres Rurais de Cumeiro

1.062,73

G36258903

Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda

1.058,15

Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación
en materia de igualdade

CIF

Entidade

Importe

G36152924

Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro

1.800,00

G36217529

Asociación de Mulleres Rurais Pena de Francia

1.665,00

G36505451

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño

1.775,00

G36528826

Asociación de Mulleres Santa Clara de Ancorados

1.790,00

G36496172

Asociación de Mulleres Rurais de Insua, Duxame e Portodemouros

1.700,00

G36519957

Asociación de Mulleres Rurais As Bugineiras de Nigoi

1.760,62

G36451904

Asociación de Mulleres Rurais A Fátima

1.775,00

G36250512

Asociación de Mulleres O Agarimo do Deza

1.760,00

G36512648

Asociación Santa María de Oirós

1.680,00

Liña 3: prevención da violencia de xénero e atención ás vítimas

CIF

Entidade

Importe

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

3.000,00

G36459931

Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde

242,96