Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47605

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 12 de novembro de 2014 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

A orde pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño), establece na súa disposición adicional terceira, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que establezan as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia dos remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa e servizo, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño) na contía de 825.000 euros na aplicación orzamentaria 11.02.322C.472.3, código de proxecto 2014 00519, e 1.800.000 euros na aplicación orzamentaria 11.02.322C.472.1, código de proxecto 2014 00518, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar