Coa data do 8 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014299TA-CO incoado a Mesón Sidrería O Lagar, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Mesón Sidrería O Lagar, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 27 de outubro de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2014299TA-CO.
Interesada: Mesón Sidrería O Lagar, S.L. (Lar de Toxos).
DNI/NIF/CIF: B15817851.
Último enderezo coñecido: Magdalena, 220, 15402 Ferrol.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Resolución do 20 de setembro 2006, do Comisionado para o Mercado de Tabacos. Mecanismos técnicos adecuados para garantir que as máquinas expendedoras de tabaco no mercado impidan o acceso a menores, tal como establece o artigo 4 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (Boletín Oficial del Estado núm. 230, do 26 de setembro de 2006). Primeiro. 1.2. Segundo. Terceiro. Cuarto.
– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 19.1.2.d), 3.q), artigo 20.1.
– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 676 €.