Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014256AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 8 de outubro de 2014, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014256AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Landeira Delicatesen, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Landeira Delicatesen, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014256AL-CO.

Interesada: Landeira Delicatesen, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70015086.

Último enderezo coñecido: rúa da Paz, 19-3º, 15940 A Pobra do Caramiñal.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204 do 4 agosto de 2007). Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo I. 1. 2. a) b) c). 8. Capítulo II. 1. a) b) c) d) e).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo). Artigo 50. 1. e), artigo 51.1, artigo 52.1.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.