Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Padrón e Pontecesures (expediente IN407A 2014/150-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/150-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección PAD-808.

Situación: concellos de Padrón e Pontecesures.

Características técnicas:

LMT soterrada PAD-808 a 20 kV, cunha lonxitude de 1.495 m coa orixe na LMT aérea PAD-808, en conductor RHZ1-12/20 kV 3×240 mm2 Al, e final no CT Puerto Pontecesures.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, ou Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 5º, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña