Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotacións en solo rústico (expediente 237/2012).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de setembro de 2014, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións en solo rústico, cuxo obxectivo é a regularización e ampliación das instalacións da Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), situadas no lugar da Brea (Carballo) e promovido pola propia asociación Aspaber.

Así mesmo, faise constar que o 22 de outubro de 2014 remitiuse á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do documento debidamente dilixenciado polo secretario do Concello.

Carballo, 22 de outubro de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde