Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento dunha APP de relación con edificios intelixentes dentro dos subproxectos H2050-6 e H2050-7 (expediente AB-SER1-14-042).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3 de decembro de 2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-042.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha APP de relación con edificios intelixentes dentro dos subproxectos H2050-6 e H2050-7.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 13 meses desde a súa formalización ou como máximo ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5, 72212200-1 e 72212326-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

1. Proposta funcional.

0-20

2. Proposta técnica.

0-10

3. Plan de proxecto e plan de negocio.

0-10

4. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta.

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

1. Prezo.

0-15

2. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución.

0-10

3. Condicións de participación en beneficios de explotación.

0-10

4. Achega pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas co obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou achega de produtos propios.

0-8

5. Custos de licenzas ou patentes propietarias de terceiros necesarios para a implementación e posta en marcha do sistema a todos os usuarios susceptibles de utilizar a solución desenvolvida.

0-4

6. Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución.

0-3

4. Valor estimado do contrato: 330.750 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 330.750 euros. Importe total: 400.207,50 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse as cláusulas 5.3.2. g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3 de decembro de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de outubro de 2014.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos