Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de transporte e distribución de lenzaría a distintos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIC1-14-016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, 2, 1º andar, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 2 de decembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte e distribución de lenzaría a distintos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 60100000-9 98311000-6.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 914.744,16 €.

b) IVE: 192.096,27 €.

c) Importe con IVE: 1.106.840,43 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2 de decembro de 2014.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2) Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 31 de xullo de 2014.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de outubro de 2014.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña