Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do Plan especial Fonte Vilar en Lestrobe.

A Xunta de Goberno do día 24 de setembro de 2014 acordou aprobar inicialmente o Plan especial Fonte Vilar en Lestrobe (Dodro), cuxo obxecto é a ordenación de terreos afectados, parcelas de terreo inseridas, segundo o PXOM, na zona de extensión do núcleo rural de Lestrobe, co fin de obter solo urbano residencial para construír 22 vivendas unifamiliares e facer as reservas mínimas de solo para dotacións.

De conformidade co artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de setembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Dodro, 8 de outubro de 2014

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde