Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 30 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro da axuda socioeconómica da prima non renovable a Gonzalo Carlos Lozano Lourido.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

Gonzalo Carlos Lozano Lourido o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 11 de marzo de 2009 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), modificada pola Orde do 17 de xuño de 2009.

De conformidade co previsto no artigo 77, punto 2, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dáselle o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

O expediente, que se relaciona a continuación, está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2009/58-0.

Nome: Gonzalo Carlos Lozano Lourido.

NIF: 32630653R.

Embarcación: Bertan.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar