Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 17 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade á sanción firme pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais.

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona por cometer unha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, dáselle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesta materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Expediente sancionador: RL 2009/0028-0.

Nome ou razón social da empresa: UTE Construcciones Taboada y Ramos, S.L. e Promociones Fernández Taboada, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios. (452).

CIF: G36534501.

Domicilio social: polígono industrial Lalín 2000. Parcela C-6. Lalín (Pontevedra).

Infracción cometida: artigo 13.14 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 5.6.2009.

Data de firmeza da sanción: 6.7.2014.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da citada orde, daráselle publicidade á relación de empresas sancionadas na páxina web da Consellería de Traballo.

Así mesmo, procederase á inscrición no Rexistro de sancións pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da Orde do 30 de xullo de 2008. Estes datos cancelaranse aos cinco anos contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social