Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 30 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro da axuda socioeconómica da prima non renovable a Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Benancio Urbano Cancapa Lupaca o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2010 (DOG núm. 94, do 20 de maio).

De conformidade co previsto no artigo 77, punto 2, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dáselle o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

O expediente, que se relaciona a continuación, está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE113D 2010/42-0.

Nome: Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

NIF: X8032588E.

Embarcación: Pilar Roca.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar