Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Número de expediente: IN407A 2014/151.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución,S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CT Amenadas -CR Lagoas.
Situación: concellos de Narón e Ferrol.
Características técnicas:
– LMT soterrada a CT Amenadas-CR Lagoas a 15/20 kV cunha lonxitude de 599 m, con orixe en cela de liña proxectada no CT Amenadas (expediente 110/94) en condutor
RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en cela de liña telecontrolada existente no CR Lagoas (expediente 18.264).
– Celas de media tensión en CT Amenadas, modulares con envolvente metálica de illamento SF6.
– Desmantelamento tramo de liña de media tensión aérea DC. CRN-703 coa orixe na subestacion de Cornido, condutor tipo LAC-80, cunha lonxitude de 1.032 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.
A Coruña, 21 de outubro de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña