Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2014/149).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/149.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CTC Cuíña.

Situación: concello de Ortigueira.

Características técnicas:

LMT subterránea a CT Riomaior a 20 kV cunha lonxitude de 45 m coa orixe en apoio existente na LMT MEA-805, condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final no CT Río Maior (expediente 5365).

LMT subterránea a CT Cuíña a 20 kV cunha lonxitude de 610 m coa orixe en apoio existente na LMT MEA-805 condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final no CT Cuíña (proxectado).

CT prefabricado Cuíña cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña