Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2014/31-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Vilela.

Situación: Verín.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 565 m, con condutor RHZ1-12/20 kV-3×95 Al e con orixe no CT urbanización Vilela (32CY17) e remate no CT proxectado Vilela de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 787 m con condutor XZ1 derivada do CT urbanización Vilela (32CY17).

RBT aerosubterránea de 1.313 m en aéreo con condutor XZ1 e 340 m en subterráneo con condutor RZ derivada do CT proxectado Vilela.

Orzamento: 231.854,78 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 21 de outubro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense