Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47458

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de novembro de 2014 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga indefinida, a partir das 00.00 horas do día 17 de novembro, do persoal da empresa que presta servizos de mantemento industrial no Hospital do Meixoeiro (Vigo).

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales está a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Os representantes do persoal que presta servizos de mantemento industrial no Hospital do Meixoeiro (actualmente da empresa Isolux Corsán, proximamente da UTE Solar Global Service-Vías y Construcciones) comunicaron a convocatoria dunha folga, que se desenvolverá desde as 00.00 horas do día 17 de novembro de 2014 con carácter indefinido.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1. A convocatoria de folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo o criterio que se establece na presente orde. Tales mínimos respoden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

A folga convocada afecta todos os traballadores actualmente de Isolux Corsán –proximamente da UTE anteriormente mencionada– que prestan servizos de mantemento integral no Hospital do Meixoeiro (Vigo) e ten carácter indefinido. Estas circunstancias e a necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible nese ámbito, sobre todo a reparación de eventuais avarías nos equipamentos e instalacións, determinan que se opte, como criterio reitor para a fixación dos servizos mínimos, pola presenza do 50 % dos efectivos habituais por quenda e categoría.

Artigo 2. A determinación do persoal necesario con base no criterio anterior, faraa a empresa coordinadamente coa Xerencia de Vigo, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe contar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse adecuadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá publicarse nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O dito persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro traballador que voluntariamente acepte o cambio de maneira expreso.

No anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos acordado para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3. Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios do centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4. O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5. Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Electricistas.

L

M

M

X

V

S

Mañá

1

1

1

1

1

1

Tarde

1

1

1

1

1

1

Calefactores.

L

M

M

X

V

S

Mañá

2

2

2

2

2

2

Tarde

2

1

2

1

2

1

Mecánicos.

L

M

M

X

V

S

Mañá

1

2

1

2

1

1

Tarde

1

1

1

1

1

0

Frigoristas.

L

M

M

X

V

S

Mañá

1

1

1

1

1

0

Tarde

0

0

0

0

0

0

Carpinteiros.

L

M

M

X

V

S

Mañá

1

0

1

0

1

0

Tarde

0

0

0

0

0

0

Albanel.

L

M

M

X

V

S

Mañá

1

1

0

1

0

0

Tarde

0

0

0

0

0

0

Noites, domingos e festivos: 1 electricista e 1 calefactor.