Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47462

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Datas:

Do 1 ao 4 de decembro de 2014.

4. Lugar de celebración:

Lonza Biologics Porriño, S.L.

A Relva, s/n.

36410 O Porriño (Pontevedra).

5. Número de prazas:

Máximo de 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 1.12.2014

9.00-11.30 horas

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas.

11.30-14.15 horas

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 2.12.2014

9.00-11.30 horas

Técnicas de aplicación de biocidas.

11.30-14.15 horas

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 3.12.2014

9.00-12.00 horas

Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

12.00-14.15 horas

Hixiene e seguranza na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 4.12.2014

9.00-11.00 horas

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases, actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

11.00-13.15 horas

Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas.

13.15-14.15 horas

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.
Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas:

Do 1 ao 4 de decembro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Lonza Biologics Porriño, S.L.

A Relva, s/n.

36410 O Porriño (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.00 ás 14.15 horas.

Nº de prazas: máximo de 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo. Teléfono: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 17 de novembro de 2014.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos..................................................................................................................................

Nome......................................................................................................................................

NIF..........................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

Localidade..............................................................................................................................

Teléfono...........................................................Fax.................................................................

Empresa...................................................................................................................................