Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47466

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014 pola que se dá publicidade das encomendas de xestión para a execución de obras formalizadas por esta entidade pública durante o exercicio 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización das encomendas de xestión, tramitadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o exercicio 2014, para a execución das seguintes obras:

A) Ampliación en punta Preguntoiro da seguridade peonil no bordo portuario de Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: mellora na seguridade peonil do bordo marítimo portuario de Vilaxoán.

3. Valor estimado da encomenda.

26.541,77 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 15 de outubro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Dous (2) meses.

B) Reforzo de bloques do dique de abrigo do porto de Camelle (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo do dique de abrigo mediante bloques de formigón no porto de Camelle (A Coruña).

3. Valor estimado da encomenda.

220.385,91 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 21 de outubro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Tres (3) meses.

C) Reforzo de noiro do crebaondas no acceso peonil ao porto de Beluso (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo do noiro do crebaondas no porto de Beluso.

3. Valor estimado da encomenda.

39.344,72 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 21 de outubro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Un (1) mes.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia