Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47236

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de delegación de facultades.

Tendo en conta a vacante producida na Dirección da Area de Financiamento do Igape e en tanto persista esta situación no dito cargo, co fin de evitar a paralización das actividades do Instituto, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Publicar a seguinte delegación de facultades acordada polo Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza do 6 de novembro de 2014:

1. Delegar, con efectos desde o 6 de novembro de 2014, na secretaría xeral do Igape as seguintes facultades:

– A formulación da retención de crédito e a execución das fases contables, A, D, O, K respecto aos créditos asignados á Area de Financiamento.

– A instrución dos procedementos administrativos asignados á Area de Financiamento nas bases reguladoras das axudas, subvencións e outros procedementos, elevando proposta aos órganos competentes para a resolución e resolvendo o arquivamento dos expedientes, así como o recoñecemento das desistencias e a renuncia de dereitos nos casos previstos pola lexislación vixente.

– Elevar ao Consello de Dirección do Igape as propostas de adopción dos acordos que legalmente procedan, no ámbito das funcións e competencias da Área de Financiamento.

2. Nos casos de ausencia da secretaria xeral, o director xeral poderá habilitar expresamente calquera dos directores de área para que a substitúan nas súas facultades.

3. A delegación de facultades extinguirase co nomeamento da persoa que exerza as funcións da dirección da Área de Financiamento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica