Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47233

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para o desenvolvemento das actividades de promoción e comercialización turística do destino Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, crédito orzamentario 125.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para o desenvolvemento das actividades de promoción e comercialización turística do destino Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización
do destino Galicia

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe
subvención

Viajes Barreiro y Salgueiro, S.L.

Promoción e comercialización do destino Galicia. Paquete 1: escapada peregrina ao fin do camiño; paquete 2: escapada de pesca; paquete 3: escapada anti-stress in love; paquete 4: escapada de luxe Costa da Morte e paquete 5: escapada mariñeira en Fisterra. Promoción: edición folletos; campañas promoción medios de comunicación; creación e posta en funcionamento central reservas e asistencia técnica de apoio á promoción e comercialización dos paquetes turísticos.

1.637,50

DMC Galicia Group Travel, S.L.

Galicia sustentable e accesible. Paquetes: turismo xuvenil e grupos escolares; turismo familiar; turismo ornitolóxico; turismo accesible para persoas con mobilidade reducida; turismo sénior e turismo de empresas. Promoción: creación dunha páxina web corporativa; creación blog, páxina en facebook; edición folletos, vídeo promocional, asistencia a feiras e salóns especializados e participación en seminarios e conferencias.

5.939,50

Viajes Viloria, S.A.

Promoción e comercialización, folletos destino Galicia. Folleto do Camiño de Santiago en ruso, en coreano e xaponés. Edición vídeo promocional. Viaxes promocionais: Varsovia, Xapón e Brasil. Campaña márketing on line do produto turístico Bono Iacobus. Campaña promoción en redes sociais e blog.

6.164,04

Agencia de Viajes Paco, S.A.

Promoción destino Galicia mercado galego, nacional e internacional. Promoción marca DMC Galicia: circuítos para grupos; escapadas temáticas por produtos e Galicia salvaxe. Promoción: a) Presencia en feiras, convencións, congresos e eventos; b) Produto excursións radiais e grupos sénior; c) Promoción internacional (inglés/alemán/francés) e

d) Desenvolvemento de TICS e central de reservas

6.480,00

Siente Galicia Comunicación Turística, S.L.

Proxecto: Galicia Experiences, novos paquetes turísticos temáticos para promover, comercializar e dar a coñecer os produtos cabeceira da marca turística de Galicia. Paquete 1: descubrindo bosques de Galicia, Os Ancares en 4×4; paquete 2: descubre a Ribeira Sacra, Natureza, Enoturismo e Gastronomía; paquete 3: escapada relax e cultural no corazón de Galicia coa ruta da Camelia; paquete 4: escapada relax e natureza, con visita ás illas Cíes; paquete 5: Camiño de Santiago, últimos 100 km; paquete 6: escapada de aventura en Manzaneda; paquete 7: ruta de golf Siente Galicia e paquete 8: descubre Lugo do interior á costa.

12.242,00

Viajes Mundo Galaico, S.L.

Espazo publicitario on line e posicionamento SEO para o programa descubre Galicia de Viaxes Mundo Galaico. Paquetes: turismo activo na Ribeira Sacra; turismo mariñeiro e programa artesanía con alma; descubre a Mariña lucense a través dos seus oficios tradicionais; unha experiencia de cine na Mariña lucense e experiencias nas cidades de Lugo e Ferrol.

1.086,00

Mº Pilar Selas Chao

Entretempos. Novos produtos turísticos no interior. Proxecto viño e graffiti. Paquetes enoturísticos: soñando entre viñedos; A Galicia Termal. Bono 1: paisaxes máxicas na Galicia interior; bono 2: benestar e turismo activo na Galicia interior; bono 3: O Ribeiro Sefardí; bono 4: harmonía de sabores; bono 5: programa de catas musicais; bono 6: graffiti e viño

1.975,00

EC In Itínere, S.L.

A fin de semana está aquí: Ribeira Sacra, Vila de Allariz, Ourense cidade. De ruta polos xeodestinos de Galicia: Ourense-Allariz; Ribeira Sacra; Rías Altas Ferrol-Terra. Fam Trip Ribeira Sacra-Ourense

8.798,75

Viajes Abramar, S.A.

Promoción e comercialización do destino Galicia. Programas culturais, tradicións do mar, gastronómico e golf.

2.982,50

Bives Tour, S.A.

Promoción e comercialización do destino Galicia. Promoción do destino Galicia a través da asistencia a feiras de turismo; misións comerciais para a promoción do destino Galicia e accións de promoción dos produtos turísticos: deseño e impresión de folletos e inserción dos paquetes en redes sociais. Creación de novos paquetes turísticos: paquete 1: bosques de Galicia; paquete 2: experiencia mariñeira e ruta das camelias e paquete 3: mananciais de Galicia, paseando entre viñedos e turismo de golf.

15.782,99

Viajes Luamar, S.A.

Promoción e comercialización do destino Galicia. Galicia, experiencias únicas. Paquetes turísticos. Mananciais de Galicia sénior (termalismo) e escapada golf e relax en familia na Toxa (termalismo). Actuacións de promoción e comercialización: deseño e impresión de folletos de publicidade para a promoción e comercialización dos paquetes e insercións publicitarias en medios de comunicación ou calquera outro soporte: redes sociais.

14.910,00

Viajes Illa de Ons, S.L.U.

Promoción e comercialización «Sumérgete en un paraíso». Realización de novas rutas denominadas «vioexperience» para coñecer as Rías Baixas e o Parque nacional das Illas Atlánticas. A promoción realizarase mediante o deseño e desenvolvemento web, publicidade/márketing on line, deseño, creación e impresión de folletos, catálogos, logos, carteis e mailing, ferramenta de xestión e gastos de promoción e apoio á promoción.

18.615,00

El Salón de tus Viajes, S.C.

Galicia experiencias. Ruta 1: ruta camiño da fronteira: turismo de natureza e enogastronómico; ruta 2: días de viño e rutas; ruta 3: sabor a Rías Baixas; ruta 4: especial grupos web e ruta 5: proxecto de rutas arredor da variante espiritual do Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

713,35

Tee Travel, S.L.

Edición de 1.500 catálogos para a súa distribución en feiras; feiras; famtrip e presstrips; blogtrip; #teetravelway: 1.Percorrido do #teetravelway; 2. Instagram; 3. Gabinete de prensa e 4. Patrimonio oculto e lendas do camiño

8.806,20

Total

106.132,83