Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47230

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos das probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm.198, do xoves 16 de outubro, apróbanse e fanse públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos das probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Unha vez transcorrido o prazo establecido para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos das probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.es) e nelas farase constar, así mesmo, se está exento ou non da proba de coñecemento do idioma galego.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros titulares e suplentes:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica Mª Castro Pérez.

Secretaria: Montserrat Carracedo Goldar.

Vogais:

Jesús Lata Buceta.

Pedro Luis Sánchez Castro.

José González Cores.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Freire Priegue.

Secretaria: María Remedios Ferreiro Puente.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

José Gil Bernabé Sánchez.

José Antonio Fernández López.

2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 26 de novembro de 2014 na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 9.30 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 5 de novembro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Listaxe de excluídos

Cuña Rodríguez, Eloy.

Durán Alonso, Alexandre.

Fernández Veiga, Enrique.

López Comesaña, Belarmino.

Oya Steinbruggen, Wilheln.