Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47238

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2014 pola que se publica a modificación do plan de estudos de Máster Universitario en Investigación Biomédica.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibida a comunicación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) aceptando as modificacións presentadas do plan de estudos correspondente ás ensinanzas do Máster Universitario en Investigación Biomédica, título oficial establecido por Acordo do Consello de Ministros de 12 de novembro de 2010, publicado mediante Resolución do secretario de Estado de Universidades do 22 de novembro de 2010 no Boletín Oficial del Estado do 16 de decembro de 2010,

Este reitorado resolve:

Ordenar a publicación da modificación do plan de estudos do Máster Universitario en Investigación Biomédica pola Universidade de Santiago de Compostela, nos termos que se recollen no anexo á presente resolución, que modifica o plan de estudos publicado mediante Resolución reitoral do 14 de febreiro de 2011 da Universidade de Santiago de Compostela, no Boletín Oficial del Estado do 28 de febreiro de 2011 e no Diario Oficial de Galicia do 3 de marzo de 2011.

Producirá efectos a partir do curso académico 2011/12.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster Universitario en Investigación Biomédica

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

18

Optativas

18

Traballo fin de máster

24

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Bioinformática

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Bioloxía Celular

3

Obrigatorio

Bioloxía Molecular

3

Obrigatorio

Estatística para Biomedicina

3

Obrigatorio

Métodos Experimentais

6

Obrigatorio

Bioloxía de Sistemas

3

Optativo

Materias optativas
1º semestre

Animais de Experimentación

3

Optativo

Bioética e Lexislación

3

Optativo

Bioloxía do Desenvolvemento

3

Optativo

Neuroendocrinoloxía

3

Optativo

Proteómica e Estrutura de Proteínas

3

Optativo

Xenética de Poboacións en Biomedicina

3

Optativo

Xenética Forense

3

Optativo

Bases Biolóxicas do Cancro

6

Optativo

Materias optativas 2º semestre

Enfermidades Endócrinas

6

Optativo

Homeostase Enerxética e Nutrición

6

Optativo

Validación de Dianas e Descubrimento Preclínico de Fármacos

6

Optativo

Xenómica e Enfermidades Xenéticas

6

Optativo

Traballo fin de máster

24

Obrigatorio

Traballo fin de máster