Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47240

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comenzo das lecturas do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro), modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Desestimar a reclamación presentada en relación coas puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

Segundo. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as lecturas do terceiro exercicio do proceso selectivo se realicen a partir do día 18 de novembro de 2014 na sala E do Edificio Administrativo Pirámide, nº 8, de San Caetano, Santiago de Compostela a partir das 9.00 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio, fronte á estación de autobuses.

Terceiro. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública o día 18 de novembro de 2014 ás 9.00 e ás 16.00 horas os aspirantes, no lugar e hora que se indican no anexo.

Cuarto. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Quinto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar onde se realizaron as anteriores e na páxina web da Xunta de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Patricia Tabarés Obenza
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 18 de novembro. Sala E, Edificio Administrativo Pirámide, nº 8, ás 9.00 horas.

DNI

Apelidos e nome

34626351N

Montero Senra, José Luís

76817109F

Leiro López, María Soledad Aurora

71764703B

Llamazares García, María

32669105C

Pérez González, Carlos

Día 18 de novembro. Sala E, Edificio Administrativo Pirámide, nº 8, ás 16.00 horas.

DNI

Apelidos e nome

36116849H

Pueyo Varela, Manuel

32793669Q

Bande Porto, María Adela

35283899J

Basanta Cillero, José Luís

44814421W

Bravo Pintos, Minia