Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47242

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación provisoria da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 4 de novembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.2,

ACORDOU:

Primeiro. Proceder á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos, nome

Base II.2.1

Base II.2.2

Total

33850340K

Franco Abuín, María Emma

35

1

36

33288182Y

López Sánchez, Miguel

17.01

2.40

19.41

53611073M

Lois Peón, Yolanda

0

1

1