Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47244

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.1.5 da orde da convocatoria, convócase a Carla Elena de la Herrán de Blas, con DNI 50737479P, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para a realización do quinto exercicio da fase de oposición, que terá lugar na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, o día 20 de novembro de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal