Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47245

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño) pola que se modifica a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Con data 5 de novembro de 2014 o presidente do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), foi informado pola Dirección Xeral da Función Pública de que razóns técnicas e organizativas impediron a publicación da Resolución do 22 de outubro, pola que se dá publicidade ás cualificacións do segundo exercicio, no Diario Oficial de Galicia antes do día 29 de outubro de 2014.

Conseguintemente, co obxecto de axustar os prazos previstos na base II.1.2.7 da orde da convocatoria e tendo en conta que a data prevista para a realización do terceiro exercicio era o día 11 de novembro de 2014, na sesión que tivo lugar o día 6 de novembro de 2014 o tribunal acordou adiar a data para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición e a nova data será o día 19 de novembro de 2014 e o lugar de realización a Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), na aula 2, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lle faciliten.

Consonte a base II.1.1.3. da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admítense as súas versións consolidadas, aquelas en que figuran notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes, resolucións ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O uso de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Pontevedra, 7 de novembro de 2014

José Manuel González González
Presidente do tribunal