Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de outubro de 2014 pola que se notifican as resolucións acordadas en expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (expediente TUSAN1 2013/42-4 e seis máis).

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícanselles ás persoas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), que polos medios habituais non se puideron efectuar.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2013/042-4.

Sancionado: Bienvenido López Fernández.

NIF nº: 35578568Y.

Último enderezo: rúa Telmo Bernárdez, nº 11-baixo.

Localidade: Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.500 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/043-4.

Sancionado: Germán Iglesias Martínez.

NIF nº: 35303743P.

Último enderezo: lugar de Magarella, nº 27, Santa Cristina de Cobres.

Localidade: Vilaboa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/044-4.

Sancionada: María José Gutiérrez Barra.

NIF nº: 76998921G.

Último enderezo: rúa Paulino Freire, nº 27.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/047-4,

Sancionada: Restauración Panjón, S.L.

NIF nº: B27781376.

Último enderezo: rúa Vista Alegre, nº 32-4º B.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.500 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/061-4.

Sancionado: Alberto Masogo Fernández.

NIF nº: 05411996G.

Último enderezo: rúa Pai Crespo- nº 5.

Localidade: Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1, da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.000 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/003-4.

Sancionado: Sergio López Pacheco.

NIF nº: 76911239K.

Último enderezo: avenida de Galicia, nº 25-4º.

Localidade: Ponteareas (Pontevedra).

Resolución: caducidade.

Expediente: TUSAN1 2011/006-4.

Sancionada: Pintos Soliño e Lago Abogados, S.L.

NIF nº: B36255420.

Último enderezo: praza da Constitución, nº 5.

Localidade: Redondela (Pontevedra).

Resolución: caducidade.

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e serán por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia