1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 08/2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para uso en centros de formación dos empregados públicos da Xunta de Galicia e servizo de desenvolvemento dunha ferramenta de xestión de equipamentos en aulas.
b) División por lotes e número: si, 3.
c) Prazo e lugar de entrega:
Lotes 1 e 2: o prazo de entrega da subministración obxecto destes lotes será dun (1) mes contado a partir da data de formalización do contrato.
Lote 3: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste lote será de seis (6) meses contados a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 371.630,00 €, máis 78.042,30 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 449.672,30 €, que se distribuirán segundo os lotes seguintes:
Lote 1: subministración de 410 ordenadores persoais destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto: 307.500,00 € + IVE (64.575,00 €) = 372.075,00 €.
Lote 2: subministración de 35 portátiles destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto: 19.250,00 € + IVE (4.042,50 €) = 23.292,50 €.
Lote 3: servizo de desenvolvemento e implantación dun sistema de xestión do equipamento informático en aulas de varios centros de formación dependentes da Xunta de Galicia: 44.880,00 € + IVE (9.424,80 €) = 54.304,80 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21520
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 22 de decembro de 2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Entidade: Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2) Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de novembro de 2014.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia