Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes ao expediente de contratación número 45/2014.

Contratación do servizo de atención aos usuarios dos sistemas de información do ámbito educativo da Xunta de Galicia (expte. 45/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de atención aos usuarios dos sistemas de información do ámbito educativo da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 26.3.2014.

DOUE: 26.3.2014.

BOE: 5.4.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 5.132.231,43 €, distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: 3.123.966,96 €.

Lote 2: 2.008.264,47 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: 1.260.000 €.

Lote 2: 810.000 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 20.8.2014.

Lote 2: 5.8.2014.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 18.9.2014.

Lote 2: 1.9.2014.

c) Contratista:

Lote 1: Informática El Corte Inglés, S.A.

Lote 2: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 1.107.549,30 € (IVE incluído).

Lote 2: 729.000 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia