Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 15 de outubro de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de apertura do expediente sancionador 026/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a notificación de apertura de expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG núm. 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 026/14.

Denunciada: Mª Fuencisla Roca de Togores (herdeiros de).

Enderezo: rúa Lombia, 5-3º esqda., 28009 Madrid.

A interesada dispón dun prazo de oito días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para poder examinar o expediente no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (avenida Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 15 de outubro de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra