Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes á subministración de ampliacións dos sistemas de almacenamento para a Xunta de de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 35/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de diversas ampliacións para sistemas de almacenamento existentes na Xunta de Galicia coa finalidade de dimensionalos axeitadamente para os procesos de consolidación e homoxeneización.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.3.2014.

DOUE: 20.3.2014.

BOE: 27.3.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.784.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: ampliación de directores Fibre Channel: orzamento total de licitación de 619.520,00 € (IVE incluído).

Lote 2: ampliación dos sistemas de almacenamento EMC VNX 7500: orzamento total de licitación de 1.374.560,00 € (IVE incluído).

Lote 3: ampliación dos sistemas de almacenamento NetApp 3270: orzamento total de licitación de 1.374.560,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 16.7.2014.

Lote 2: 24.7.2014.

Lote 3: 23.7.2014.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 1.9.2014.

Lote 2: 1.9.2014.

Lote 3: 1.9.2014.

c) Contratista:

Lote 1: Ednon, S.L.

Lote 2: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

Lote 3: Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. (Satec).

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 590.238,00 € (IVE incluído).

Lote 2: 1.374.558,79 € (IVE incluído).

Lote 3: 1.371.365,48 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia