Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47109

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de outubro de 2014 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro privado San Miguel, do concello de Vigo.

O centro privado San Miguel, do concello de Vigo, solicitou o cambio de domicilio por traslado de instalacións da sede actual na rúa Joaquín Loriga, número 2, de Vigo, á rúa Tomás A. Alonso, número 13, da mesma localidade.

Así mesmo, solicitou a modificación da autorización por supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) de Comercio, a autorización do CM Coidados Auxiliares de Enfermaría, e a transformación dos programas de cualificación profesional inicial (PCPI) de instalacións electrotécnicas, de servizos administrativos e de comercio nos correspondentes ciclos de formación profesional básica de Servizos Administrativos, de Servizos Comerciais e de Electricidade e Electrónica, ao abeiro do previsto no punto 4 da disposición derradeira quinta, da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), que establece que os ciclos de formación profesional básica substituirán progresivamente os PCPI.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións, suprimir o ciclo formativo de grao medio (CM) de Comercio, autorizar o CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría e os ciclos de formación profesional básica de Servizos Administrativos, de Servizos Comerciais e de Electricidade e Electrónica, do centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Miguel.

Código do centro: 36011348.

Domicilio: rúa Tomás A. Alonso, nº 13.

Código postal: 36208.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.

2. Composición resultante:

• CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CM Instalacións de Telecomunicacións (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CM Xestión Administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• Ciclo de formación profesional básica en Servizos Administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Ciclo de formación profesional básica en Servizos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Ciclo de formación profesional básica en Electricidade e Electrónica (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria