Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes ao expediente de contratación 96/2014, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Contratación do servizo de elaboración de contidos baseados en software libre e de servizos especializados para o desenvolvemento de actividades de capacitación dixital no ámbito da sociedade da información (expediente 96/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de elaboración de contidos baseados en software libre e de servizos no ámbito da sociedade da información destinados á capacitación dixital da cidadanía, especialmente a dos colectivos en risco de exclusión dixital.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 23 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 165.000,00 € (cento sesenta e cinco mil euros), distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1. Desenvolvemento e adaptación de contidos: 75.000,00 €.

Lote 2. Actividades de capacitación dixital avanzada da cidadanía: 90.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento base de licitación ascende a 199.650,00 €, distribuídos do seguinte xeito segundo os lotes:

Lote 1. Desenvolvemento e adaptación de contidos: 90.750,00 €.

Lote 2. Actividades de capacitación dixital avanzada da cidadanía: 108.900,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 6 de agosto de 2014.

Lote 2: 6 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 13 de agosto de 2014.

Lote 2: 13 de agosto de 2014.

c) Contratista:

Lote 1: Clictic, S.L.

Lote 2: Academia Postal 3 Vigo, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 71.135,90 € (IVE incluído).

Lote 2: 84.942,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia