Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de outubro de 2014 pola que se notifica a resolución de execución subsidiaria de orde de demolición, derivada do expediente S-2011/040-P, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 30 de setembro de 2014 ditou resolución de execución subsidiaria de orde de demolición, da Resolución do 2 de xullo de 2012, que ordenou a Contenedores Omis, S.L., devolver os terreos ao estado anterior ao almacenamento de dezaoito (18) colectores metálicos e vertedura de entullos e terra, na rúa Laxes, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber a interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsdiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que o este acordo é un mero acto de execución. Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5s da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística