Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 28 de outubro de 2014 polo que se empraza a María Mercedes Ferro Coira para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado número 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto administrativo deriva do procedemento de axudas para proxectos de enerxías renovables: caldeiras de biomasa (IN421D).

A persoa interesada, ou o seu representante legal, deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, situada na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Anexo

Código
de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421D/13R75

María Mercedes Ferro Coira

Resolución denegatoria con perda do dereito ao cobramento da axuda