Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública (expediente 2013006115).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Carlos Pérez Fernández solicita licenza de apertura de local para comercio por xunto de plantas e produtos fitosanitarios, sito na avenida de Santiago, nº 166, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días contado desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 3 de xullo de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde