Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ordenación detallada nunha parcela industrial situada na rúa Os Martices, s/n, e someter o convenio urbanístico ao trámite de información pública.

De conformidade co establecido nos artigos 85.2 e 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG do 31 de decembro), modificada pola Lei 15/2004; Lei 6/2008; Lei 18/2008; Lei 2/2010; Lei 15/2010 e Lei 9/2013 (Louga), estarán expostos ao público na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación neste diario.

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2014

Elena Suárez Sarmiento
Alcaldesa en funcións