Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46976

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual para a supresión da ficha 22 PHA.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual para a supresión da ficha número 22 PHA do catálogo de elementos para conservar do PXOM, en relación coa vivenda situada na rúa Rosalía de Castro (Casa Becerra).

De conformidade co establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG do 31 de decembro), modificada pola Lei 15/2004; Lei 6/2008; Lei 18/2008; Lei 2/2010; Lei 15/2010 e Lei 9/2013 (Louga), estará exposta ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación neste diario.

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2014

Elena Suárez Sarmiento
Alcaldesa en funcións