Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a actividade relacionada con materiais metálicos (expediente 2011/184).

Sométese a información pública o expediente nº 2011/184, tramitado por instancia de Area Global Montajes, S.L., para unha licenza de actividade de almacenaxe e subministracións, soldadura e pregadura de materiais metálicos en Monte Faquiña, número 50, na parroquia de Tameiga, deste municipio, para cumprir co número 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que, quen se considere afectado pola actividade, poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.

Mos, 10 de outubro de 2014

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo