Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de outubro de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición número IU1/86/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 22 de setembro de 2014 ditou a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Elías Prado Díaz contra a Resolución do 22 de outubro de 2013 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e unha soleira no lugar de Penencia-Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Mª del Mar Blanco Roca e a Elías Prado Díaz, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística