Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 13 de outubro de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolución de expedientes de danos (PO-5/2014 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que se citan a continuación as notificacións de resolución de expedientes de danos instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: PO-5/2014.

Denunciada: Susana Domínguez Santaclara.

Enderezo: Gándaras Toreiros y Catab, 174, 4º A, 36410 O Porriño (PO).

Nº de expediente: PO-9/2014.

Denunciada: Saladina García Lanzos.

Enderezo: lg. A Meixoada, nº 39, 36950 Moaña (PO).

Nº de expediente: PO-99/2014.

Denunciado: Matilde Giménez Giménez.

Enderezo: O Vao, nº 4, A Caeira, 36995 Poio (PO).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 13 de outubro de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra