Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Escolas Infantís (Agadei).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais, da Consellería de Traballo e Benestar, se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 27 de abril de 2013, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación, na cal se inclúe o cambio de denominación, que en virtude da modificación pasa a denominarse Asociación Empresarial Galega de Escolas Infantís (Agadei), e o cambio de domicilio social que pasa a ser en estrada de Camposancos, nº 250, Vigo (Pontevedra).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresarios con traballadores ao seu cargo, públicos ou privados, que sexan titulares de centros que se dediquen ás actividades de educación infantil 0-3.

– Asinantes: Fernando Rolland Etchevers (presidente) e Beatriz Iglesias Rioboo (secretaria).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social