Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Confederación Rexional do Traballo de Galicia da Confederación Nacional do Traballo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou a acta do Pleno rexional de Galicia da CNT, que tivo lugar o 14 de xuño de 2014, na cal se reflicte o acordo que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser na avenida de Esteiro, nº 10, baixo, 15401 Ferrol (A Coruña).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social