Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente de perda do dereito ao cobramento e reintegro da subvención concedida no expediente TR332A 2013/44-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación do procedemento de perda de dereito ao cobramento e reintegro da subvención concedida no expediente nº TR332A 2013/44-0, ao abeiro da Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2013 e 2014 de programas integrados para o emprego (DOG nº 76, do 19 de abril).

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º, 15004 A Coruña.

Nº expediente: TR332A 2013/44-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de perda de dereito ao cobramento e reintegro da subvención: 8 de xullo de 2014.

Preceptos incumpridos: artigos 12 e 15 da Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2013 e 2014 de programas integrados para o emprego (DOG nº 76, do 19 de abril); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 11.920 €.