Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Mármoles y Granitos del Este, S.L. o inicio-proposta de caducidade do permiso de investigación Campo 1ª fracción, número PO/C/02959.1, situado nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a empresa Mármoles y Granitos del Este, S.L., con CIF B-83207605, o inicio-proposta de caducidade do permiso de investigación Campo 1ª fracción, número PO/C/02959.1, situado nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra.

Comunícase que o dito inicio-proposta de caducidade se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda 43-5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 27 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra