Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Baña (expediente IN407A 2014/113-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN 407A 2014/113-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15837 A Baña.

Denominación: LMTS, CT e RBT da Riba.

Situación: concello da Baña.

Características técnicas:

Centro de transformación e manobra A Riba, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo 3 celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas motorizadas e unha cela de proteción mediante fusibles para un trafo de 160 kVA, cuxo fin será a subministración aos servizos auxiliares do edificio e á rede de baixa tensión de distribución, todas elas con illamento e corte en SF6.

Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre a LMT Babión-Gandarela, no apoio existente do tipo HV-400/11, e CT A Riba, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 211 metros de lonxitude.

Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre CT A Riba e a LMT Babión-Gandarela, no apoio existente do tipo HV-400/11, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 211 metros de lonxitude.

Conexión coa rede de baixa tensión aérea existente mediante saída do novo CT A Riba proxectado, con condutores de tipo XZ1-0,6/1kV 4×(1×240 Al), realizando un paso de subterráneo a aéreo no apoio existente HV-630/9 da rede de baixa tensión, a lonxitude total da liña proxectada é de 20 metros.

Extensión da rede de baixa tensión existente, desde o apoio nº 5 existente HV-400/11, mediantes dous vans de 54,6 e 44,5 metros de lonxitude, en condutor RZ-06/1 kV 4x(1x50 Al/54,6 Al), para o que se instalará un apoio en ángulo e ancoraxe HV-1000/11 e un apio de fin de liña HV-630/11.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e, deste xeito, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 10 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente: IN407A 2014/113-1.

Proxecto: LMTS, CT e RBT da Riba (A Baña).

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Predio nº

Datos catastrais

Cultivo/Uso

Clase de solo

Nome propietaria

Servidume de paso de
liña subterránea

1

Polígono 513,

parcela 5239

Agrario

Rústico

Hermosinda Castro Suárez

Gabias: 102 m2

A servidume de paso subterráneo (3 metros de largo) de enerxía eléctrica comprenderá:

a) A ocupación do subsolo polos cables condutores á profundididade e coas demais características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable. Para os efectos do expediente expropiatorio e sen prexuízo do disposto en canto a medidas e distancias de seguridade nos regulamentos técnicos na materia, a servidume subterránea comprende a franxa de terreo situada entre os dous condutores extremos da instalación.

b) O establecemento dos dispositivos necesarios para o apoio ou fixación dos condutores.

c) O dereito de paso ou acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso, necesarios para os fins indicados no parágrafo c) anterior.