Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto por María Amalia Fernández Lestón.

Con data do 30 de setembro de 2014, a conselleira de Facenda ditou resolución respecto ao recurso de alzada formulado por María Amalia Fernández Lestón contra a Resolución do 14 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirada, tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a María Amalia Fernández Lestón a resolución antes referida.

A recorrente pode recoller a resolución comparecendo nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública