Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2013/212-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2013/212-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT, CT, RBT Loureiros, O Val.

Situación: concello de Valdoviño.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV, cunha lonxitude de 420 m de lonxitude, en condutor tipo LA-30/31,10 mm2, coa orixe no apoio metálico existente tipo FL-C 2000/14-H30-CAII pertencente á liña SMR-711 (Campelo 11), situado no treito comprendido entre o CT Baltar (expediente 27.408) e o CT Campelo, no cal se proxecta a instalación de elementos de seccionamento XS, e remate no novo apoio de formigón tipo FL-HV 1000/11 CR1-CAII, no cal se situará o novo CT proxectado.

– Centro de transformación intemperie de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 15/0,40-0,230 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e sistema de posta a terra, que se instalará no lugar de Loureiros, O Val.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña