Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2014/186-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CS túnel AVE San Xoán de Bamio.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 60 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada entroncando na VAR808B, Catoira II, unha vez que entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado en San Xoán de Bamio, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra