Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/109-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/109-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT, CT e RBT Fontefría.

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Fontefría a 20 kV, cunha lonxitude de 1,790 km, coa orixe en apoio número 23 da LMT CBA-803, tramo entre a derivada ao CT Hormigones de Borneiro (expediente 51699) e o CT Borneiro (expediente 144/95), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT Fontefría (proxectado).

Centro de transformación intemperie Fontefría, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 7 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/109-1.

Proxecto: LMT, CT e RBT Fontefría.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Predio nº

Lugar

Cultivo

Nome do propietario

Apoio

Afeccións

10

Regueira

Labradío

Ana María Pazos Pardiñas

ml aéreo: 22.0 m2 /m2 aéreo: 220.0

12

Regueira

Prado

Ana María Pazos Pardiñas

Núm.: 1/2 3 m2: 1.0

ml aéreo: 1.0 /m2 aéreo: 44.0

13

Regueira

Prado

Evaristo Vidal Antelo

ml aéreo: 28.0 /m2 aéreo: 392.0

13/1

Regueira

Prado

Dolores Vidal Antelo

ml aéreo: 27.0 /m2 aéreo: 302.0

13/2

Regueira

Prado

Julio Vidal Antelo

m2 aéreo: 164.0

15

Antreregueira

Prado

Julio Cundis Novoa e 4 máis

Núm.: 1/2 4 m2:1.0

ml aéreo: 15.0 /m2 aéreo: 150.0

16

A Porreira

Prado

Ana María Pazos e Julia Lema Martínez

Núm.: 1/2 4 m2: 1.0

ml aéreo: 11.0 /m2 aéreo: 110.0

17

A Porreira

Prado

Ana María Pazos Pardiñas

ml aéreo: 20.0 /m2 aéreo: 200.0

18

A Porreira

Prado

Julia Lema Martínez

ml aéreo: 34.0 /m2 aéreo: 340.0

19

A Porreira

Monte alto

Ana María Pazos Pardiñas

ml aéreo: 40.0 /m2 aéreo: 640.0

20

A Porreira

Monte alto

Ana María Pazos Pardiñas

Núm.: 1/2 5 m2: 1.0

ml aéreo: 21.0 /m2 aéreo: 338.0

21

A Porreira

Prado

Ana María Pazos Pardiñas

ml aéreo: 9.0 /m2 aéreo: 85.0

22

A Porreira

Monte alto

Ana María Pazos Pardiñas

Núm: 1/2 5, 6 m2: 3.0

ml aéreo: 185.0 /m2 aéreo: 2960.0